A presentación farase o Mércores, 26 de Febreiro, nas Portas Ártabras, na Rúa Sinagoga, 22 (detras da Colexiata) as 19:30 h.
Presentación da Asociación Galega na Defensa do Sistema Público de Dependencia e Discapacidade, ASGADeD, integrada por persoas de diversas contornas sociais e profesionais, preocupadas polas estratexias da Xunta De Galicia para converter o Sistema Público Galego de Dependencia nun Sistema de Beneficencia “Low Cost” .
A ASGADeD procura avanzar na construción dun forte movemento social amplo, plural e transversal, que mobilice á sociedade galega e lles exixa ás administracións públicas un compromiso real para conseguir a creación duns servizos sociais da dependencia e discapacidade de calidade , e que cubran as necesidades reais das persoas dependentes, e que ademais, se caractericen por ser de financiamento, titularidade, xestión e provisión 100% públicas.