Artigo sobre a Dependencia en Galicia en Tempos Dixital.

Hai uns días, publicouse en Tempos Dixital un artigo titulado “Balance dos cambios no sistema galego de Dependencia no ano 2025”, da autoría de Francisco L. Vázquez Vizoso, membro do Grupo Promotor de ASGADeD.

No artigo sinálase que os datos demostran que a Xunta de Galicia fai un balance triunfalista, e con exclusivo afán propagandista, dos cambios ocorridos no Sistema Galego de Dependencia e Discapacidade durante 2025. Ademais, os datos tamén demostran que, en 2025, a actual administración autonómica seguiu afondando na construción dun “Sistema de “Beneficencia de Baixo Custe (Low Cost)” dirixido aos sectores da poboación con moi escasos recursos económicos, mentres se obriga á maioría da poboación a ter que recorrer aos carísimos servizos das empresas privadas da dependencia, e mentres se transfiren cuantiosos recursos económicos desde o sector público ao sector privado.

Poden atopar o documento na Biblioteca de ASGADeD co nome “Artigo de Francisco L. Vázquez Vizoso: Balance dos cambios no sistema galego de Dependencia no ano 2025“, de data 19/02/2026.