O pasado día 12 de setembro, o Presidente e o Vicepresidente da Deputación da Coruña, deron unha Rolda de Prensa na que informaron de que, na Provincia da Coruña, vai iniciarse a construción dunha rede de residencias para maiores (Centros de Atención ás Persoas Maiores, CAM) cun modelo similar ao que xa existe na Provincia de Lugo. Naquela Rolda de Prensa informaron de que, no primeiro semestre de 2026, comezará a construción das novas residencias que se situarán nos concellos de As Pontes de García Rodríguez, Ordes e Rianxo. Segundo expresaron os responsábeis da deputación coruñesa é unha iniciativa que aposta por un modelo “público, próximo, sostíbel e centrado nas persoas”.
No presente texto, desde a Asociación Galega en Defensa do Sistema Público de Dependencia e Discapacidade (ASGADeD) queremos facer pública a nosa valoración global deste novo modelo de residencias (o Modelo dos CAM), após de avaliar a experiencia das 9 CAM que xa levan uns anos funcionado na Provincia de Lugo, e na perspectiva de que este modelo de residencias de maiores se estenda tamén á Provincia da Coruña. Tamén avaliaremos se aos CAM actualmente existentes na provincia de Lugo lles resulta acaída a denominación de “Centros Públicos”.
-
o Presidente e o Vicepresidente da Deputación da Coruña, deron unha Rolda de Prensa na que informaron de que, na Provincia da Coruña, vai iniciarse a construción dunha rede de residencias para maiores (Centros de Atención ás Persoas Maiores, CAM) cun modelo similar ao que xa existe na Provincia de Lugo. Naquela Rolda de Prensa informaron de que, no primeiro semestre de 2026, comezará a construción das novas residencias que se situarán nos concellos de As Pontes de García Rodríguez, Ordes e Rianxo. Segundo expresaron os responsábeis da deputación coruñesa é unha iniciativa que aposta por un modelo “público, próximo, sostíbel e centrado nas persoas”.
No presente texto, desde a Asociación Galega en Defensa do Sistema Público de Dependencia e Discapacidade (ASGADeD) queremos facer pública a nosa valoración global deste novo modelo de residencias (o Modelo dos CAM), após de avaliar a experiencia das 9 CAM que xa levan uns anos funcionado na Provincia de Lugo, e na perspectiva de que este modelo de residencias de maiores se estenda tamén á Provincia da Coruña. Tamén avaliaremos se aos CAM actualmente existentes na provincia de Lugo lles resulta acaída a denominación de “Centros Públicos”. centros residenciais dirixidos ás persoas maiores. Que outras administracións, alén da Xunta de Galicia, tomen esa decisión é unha nova moi positiva dada a escaseza de prazas residenciais de maiores existentes en Galicia. -
Os centros residenciais creados ao abeiro do que podemos chamar “Modelo dos CAM” incorporan melloras evidentes respecto dos promovidos pola Xunta de Galicia. Porén, algunhas das características dos centros xa creados pola Deputación de Lugo consideramos que presentan eivas relevantes. Agardamos que esas eivas non estean presentes nos centros que vai crear a Deputación da Coruña e que se superen, tanto nos centros xa existentes da Deputación de Lugo, coma nos centros residenciais de próxima apertura promovidos por esta mesma institución.
-
Entre os aspectos que valoramos como positivos dos CAM promovidos polas Deputación de Lugo e Coruña, figuran os seguintes:
-
Son residencias pequenas, e polo tanto mais humanas que a maioría das residencias existentes en Galicia, pois dos 9 CAM que xa están en funcionamento na Provincia de Lugo (nos concellos Ribadeo, Trabada, A Fonsagrada, Meira, Pol, Castroverde, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e Rivas de Sil) teñen un tamaño medio de 33 prazas/residencia, cun rango que oscila entre as 28 prazas do CAM da Fonsagrada até 48 do de Ribadeo, e semella que tamén vai ser ese o tamaño medio dos 9 novos centros que a Deputación de Lugo ten previsto inaugurar nos próximos anos.
-
Por outra banda as residencias que se proxecta construír na Provincia da Coruña (en principio nos concellos de As Pontes, Ordes e Rianxo), semella que van se máis grande que as de Lugo, cun tamaño medio de aproximadamente 50 prazas.
-
-
Son centros de proximidade, o que vai facilitar moito manter as persoas usuarias dentro da súa contorna habitual (aging in place), e así contribuír a reducir o illamento social destas persoas. No aceso aos CAM priorízanse claramente ás persoas vinculadas co propio concello no que se sitúa a residencia correspondente e, en segundo termo, ás persoas vinculadas aos concellos limítrofes con aquel. Ser centros de proximidade facilita tamén que estas residencias contribúan positivamente ao emprego local e a fixar poboación en contornas rurais ou semi-rurais. Esta característica de proximidade ten un impacto económico positivo nos concellos nos que se sitúan pois, entre outros moitos aspectos, potencian o emprego local, e a economía local, ao poder acceder a servizos e bens de proximidade na contorna
-
As novas residencias que a Deputación de Coruña proxecta crear serán centros divididos en Unidades de Convivencia (UC) non superiores ás 15 persoas (coa súa propia sala, cociña, …), no intento de evitar a despersonalización e crear un ambiente “de fogar”. O establecemento obrigatorio nas residencia das UC, dun tamaño non superior a 15 persoas, estableceuse na Resolución de 28 de xullo de 2022 do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia. En Finlandia as UC son de entre 8 e 12 persoas. A Xunta de Galicia négase a aceptar ese tamaño máximo e eleva a 25 o límite de persoas nas UC.
-
O prezo que teñen que pagar as persoas usuarias para ser admitidos nos CAM é moito mais asumíbel que os das residencias privadas.
-
O persoal técnico (de medicina, de enfermaría, de traballo social, terapia ocupacional, fisioterapia, psicoloxía, de actividades socioculturais, …) dos CAM, e tamén o seu persoal administrativo, é público e está contratado e coordinado desde a Deputación.
-
-
Entre as eivas que lle vemos ao modelo de CAM presente na Provincia de Lugo, destacan as seguintes:
-
Nos CAM de Lugo, predominan claramente as habitacións dobres, o que reduce a calidade do modelo ao dificultar tanto o respecto polo dereito á intimidade e á privacidade das persoas usuarias, como a posibilidade de personalizar os seus espazos propios. Esperamos que isto se corrixa nos novos centros pendente de creación tanto da Provincia da Coruña como nos xa existentes na Provincia de Lugo.
-
Nos CAM de Lugo, o persoal non técnico, tanto de coidados (persoal xerocultor, técnico en atención a persoas en situación de dependencia, técnico en coidados auxiliares de enfermaría, etc.), como de servizos xerais (persoal de cociña, lavandaría, mantemento, etc.), que cuantitativamente son a ampla maioría do persoal dos centros, está xestionados por empresas privadas, que son tamén quen dirixen o día a día dos centros.
-
Deste xeito, a grande maioría dos coidados directos prestados nos CAM son realizados por persoal que non é público e baixo a dirección de empresas privadas. Este persoal ten as súas condicións laborais e salariais reguladas ao través do Convenio das Residencias Privadas, que se caracterizan por establecer unhas condición salariais e laborais dunha grande precariedade.
-
-
Intimamente relacionado co anterior, os CAM da Provincia de Lugo non contan cunha normativa propia en materia de ratios mínimas de persoal, senón que se rexen pola normativa da Xunta de Galicia, a cal se caracteriza por establecer ratios moi baixos, o que inevitabelmente reduce a calidade da atención prestada ás persoas usuarias.
-
En ningún dos CAM promovidos pola Deputación de Lugo existe nada parecido a un Consello de Participación Social nos que se canalice as preocupacións, e a voz, das persoas usuarias, dos seus familiares, ou das asociacións ou colectivos sociais que estean preocupados pola calidade da atención que se lles presta ás persoas usuarias.
-
E.- Das catro características esenciais que compre analizar para poder caracterizar a un centro residencial como público ou non, comprobamos que, nos casos dos CAM de Lugo:
-
A Financiación é plenamente pública, e é froito da colaboración entre dúas administracións públicas: Concellos e Deputación.
-
A Titularidade dos centros é plenamente pública, estando tamén partillada entre o Concello e a Deputación.
-
A Xestión das residencias responden ao modelo de “colaboración público-privada”, ben coñecido e de resultados lamentábeis de importantísimos sobrecustes na construción e xestión de centros sanitarios tanto en Galicia (Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo), como fora dela.
-
A Provisión dos coidados aos usuarios dos CAM é fundamentalmente privada, pois o 80% do persoal que os presta ten como empregador unha empresa privada, mentres que a provisión por parte de traballadores dependentes da administración pública é claramente minoritaria.
ASGADeD felicita ás Deputacións de Lugo e da Coruña pola súa innovadora aposta pola creación dos CAM, baseados nun modelo que, desde o punto de vista das persoas usuarias, supera claramente (en aspectos moi relevantes descritos no Apartado B) aos modelos de xestión privada ou concertada que a Xunta de Galicia promove como elementos centrais da súa estratexia de centros residenciais. O modelo dos CAM ofrece tamén, ás persoas usuarias, uns mellores coidados que os modelos de concesión administrativa, ou de “residencias públicas” xestionadas pola Xunta de Galicia, con enormes listas de agarda e ausencia total de preocupación dun elemento esencial de calidade como é a proximidade.
Sen embargo, ASGADeD, non pode aceptar a caracterización dos CAM como centros plenamente públicos, pois a súa xestión e provisión de coidados non poden ser cualificadas como de públicas.
Facemos un chamado aos responsábeis da Deputación da Coruña a que os CAM que, mantendo os aspectos positivos que teñen os centros xa existentes na Provincia de Lugo, aposten tamén por un modelo plenamente público de xestión e de provisión de coidados. E, aos responsábeis da Deputación de Lugo pedímoslles que modifiquen tamén e revertan a actual privatización da xestión e provisión dos coidados que prestan.
En definitiva pedímoslles aos responsábeis das Deputacións da Coruña e de Lugo, que se comprometan firmemente cun modelo de CAM no que tanto a financiación, como a titularidade, a xestión e a provisión dos coidados sexan plenamente públicos, de xeito que a calidade da atención aos usuarios estea plenamente garantida e a atención que prestan deixe de estar baseada na precariedade das condicións laborais e salariais da grande maioría dos seu persoal.
Ligazón ao documento: ASGADeD avalía o novo modelo de residencias de maiores promovido polas Deputacións de Lugo e Coruña.